SUMMARY OF THE RULES OF CAMELOT

In the Galician Language

 

Text and Diagrams © 1999-2009 Michael Wortley Nolan and the World Camelot Federation

Translation courtesy of Ana María Xaubet Sevilla

 

(Please note that what follows is the translation of a general summary of Camelot rules; it is not a translation of the World Camelot Federation Official Rules of Camelot.)

 

Camelot é un xogo para dous contrincantes que alternan xogadas nun taboleiro de 160 casas. Cada xogador defende un castelo composto por dúas casas no extremo do taboleiro. Cada xogador comeza con 14 pezas: catro cabaleiros e dez homes.

Colocación inicial

 

Existen catro tipos de movemento:

 

1. Movemento sinxelo: unha peza (cabaleiro ou home) pode moverse en calquera dirección a calquera casa baleira adxacente.

Movemento sinxelo

  

2. Paso: unha peza (cabaleiro ou home) pode pasar en calquera dirección sobre unha peza propia que estea ocupando unha casa adxacente para caer nunha casa baleira inmediatamente detrás daquela.  As pezas “pasadas” non son retiradas.  Un xogador pode pasar sobre máis dunha peza nunha mesma xogada.  Non se pode comezar e rematar un paso na mesma casa. Non é obrigatorio que o xogador realice este movemento.

          

Paso                                         Despois de pasar

 

3. Salto: unha peza (cabaleiro ou home) pode saltar en calquera dirección sobre unha peza rival que estea ocupando unha casa adxacente para caer nunha casa baleira inmediatamente detrás daquela. As pezas rivais “saltadas” son retiradas do taboleiro.  Un xogador debe saltar se unha das súas pezas está ao carón dunha peza rival descuberta. Despois de saltar sobre unha peza rival, o xogador debe seguir saltando se a peza propia cae nunha casa ao carón doutra peza rival descuberta.  Pódese escoller qué peza rival capturar e con qué peza propia realizar a captura. Cando hai obriga de saltar, o xogador pode, se se dá o caso, realizar o ataque co cabaleiro.  Pódese ignorar a obriga de saltar soamente se no movemento anterior o xogador saltou sobre unha peza rival para caer no seu propio castelo.  Neste caso, debe sacar do castelo esta peza inmediatamente.

          

Salto                                         Despois do salto

  

4. Ataque co cabaleiro: un cabaleiro pode combinar pasos e saltos nunha mesma xogada.  Nun ataque co cabaleiro debe respectarse a orde de primeiro os pasos e despois os saltos.  Un cabaleiro nunca está obrigado a realizar un ataque.  Se co paso dun cabaleiro cáese ao carón dunha peza rival que pode ser saltada, é obrigatorio facelo, a menos que despois nesta mesma xogada capture unha peza rival noutro lugar.  Despois de saltar sobre unha peza rival débese continuar saltando se o cabaleiro do xogador alcanza unha casa ao carón doutra peza rival descuberta.

                    

Ataque co cabaleiro                        Despois do ataque co cabaleiro

 

Un xogador non pode realizar un movemento sinxelo ou un paso para entrar no seu propio castelo.  Pódese saltar, ou realizar a parte de salto no ataque co cabaleiro, para entrar no castelo propio.  Se un xogador salta dentro do seu castelo, debe continuar e saltar fóra do seu castelo, se poder.  Un xogador que saltou para caer no castelo propio debe saír del na seguinte quenda, sen excepción.  Sempre que sexa posible, un xogador que debe saír cun salto do seu propio castelo, en vez de cun movemento sinxelo ou pasando.

 

Unha peza que entre no castelo do adversario non poderá saír, pero permíteselle mover dunha casa do castelo á outra. Cada xogador non pode realizar máis de dous movementos dentro do castelo rival durante unha mesma partida.

 

Hai tres xeitos de gañar a partida:

 

1. Un xogador mete dúas das súas pezas no castelo do adversario.

As brancas gañan ao meter dúas pezas no castelo das negras

 

2. Un xogador captura todas as pezas do rival e mantén dúas ou máis pezas propias en xogo.

As brancas gañan ao capturar todas as pezas negras

 

3. Un xogador ten dous ou máis pezas e o rival non pode facer ningunha xogada legal.

As brancas gañan porque as negras non teñen opción a ningunha xogada legal

 

A partida remata en empate se ningún dos xogadores manteñen máis dunha peza.

Empate